jueves, 30 de agosto de 2007

Achtung! Fraga Perigosamente Reactiva

Achtung!: Fraga perigosamente Re-Activa

Lucía Fraga

A Luis Eduardo Aute

e os meus irmáns maiores por descubrirmo,

cando só había dous canles de T.V. e Mavi me puñía “picar” no taboleiro de corcho, cando xa estaba “perigosamente re-activa” na “Guardería de San Fernando”

(Santiago de Compostela)


Enemigo de la Guerra/ y su reverso, la medalla/ no propuse otra batalla/ que librar al corazón/ bajo el paso de una Historia/ que iba a alzar hasta la gloria/ el poder de la Razón.../ Y ahora que ya no hay trincheras,/ el combate es la escalera/ Y el que trepe a lo más alto/ pondrá a salvo su cabeza/ aunque se hunda en el asfalto /La Belleza...

(Luis Eduardo Aute)

Willkommen, bienvenue, welcome!
Fremde, etranger, stranger.
Gluklich zu sehen, je suis enchante,
Happy to see you, bleibe, reste, stay.
Willkommen, bienvenue, welcome

Im Cabaret, au Cabaret, to Cabaret

A Pepe Isbert, Manolo Morán e Luis García Berlanga.

“Willkommen, bienvenue, welcome
Im
Fraga, au Fraga, to Fraga

A ría naceu ao tempo dunha nena

dentro do ventre morno e pel lene

dun figo, nai doce,

con húmida semente vermella,

agarimosos e minúsculos abrazos

que fixo da súa carne de froita,

finísimos corpos de luz en pingas saborosas.

Cando a froita madureceu,

o seu corpiño recén parido,

agromou na terra unha Fraga fermosa,

e á beira da ría cantareira

unha cativa espida.

Mais, primeiro chegaron

soldados americanos con cranios de cascuda,

artellos de araña e baionetas de cangrexo.

Arrincáronlle os ollos á Fraga,

multiplicando aquela maldita especie estranxeira.

A negrura chegou desde as Insuas e os pés escravos.

Baleiros de sangue e alimento,

carpiron as Cariátides nas cuncas ócas

un pranto seco de pedra inmóbil.

Fenderon rochas e cons para gritar o seu remorso: “a-sa-si-nos

¡Y que hable la niña!:

(a nena non podo falar,

porque aínda está dentro do figo

no que naceu)

Despois, colléronnos polo nariz

e aplicaron un arco prohibido

na nosa pituitaria.

Arbitraxe de “impureza”

sobre a nosa pureza.

Mais, desde o Hades,

Abríronse as comportas

da presa esfameada de caudal

coma facían as pernas de aló arriba,

no país do fume, do opio de contrabando,die “american” Cigaetten…

Coas pálpebras escuras,

Os ollos de Pavo Real real

revirados polo propio oprobio.

Corpos estragados por suores primitivos,

enriba das mesas do mármore frío

do Cabaret dos mortos en vida.

¡Y que hable la niña!:

(a nena non podo falar,

porque aínda está dentro do figo

que non a alumou)

Escóitase o se quebrar das enbracuxadas gorxas,

máis quen decapita un tulipán polo medio

coa punta dos dedos, en silencio, ata se facer dano.

¡Y que hable la niña!:

(a nena fíxose muller e convertiu o seu corpo en frondosa figueira para dar máis Luz e Palabra a Fraga)

É o ruxido da Fraga doente que quer ver,

paseniño,

cos ollos nun prato,

quen cuspiu na súa orbe baleira,

quen esqueceu dentro as derradeiras cabichas fervendo.

É a nosa Fraga que quer unha pruma eun coitelo.


Voy buscando la razón/ de tanta falsedad, / la mentira es obsesión/ y falsa la verdad./ Qué ganaran, qué perderán/ Si hasta los dioses caerán /Es más fácil encontrar/Rosas en el mar...

(Luis Eduardo Aute)

ANINOVO EN DACHAU

Meu Amado Jorik:

Marchou o Nadal,

como un neno salvaxe,

sen tan sequera, poder bicar á miña nai,

antes de volver a dor ubicua,

dos menceres de neve.

Sen nada no frigoríco, esfameada de soños.

deixáde que o meu corpo retorne o po,

Et Polvi Et Urbi,

o mundo soñe unha Ofelia navigante.

Cadáver exquisito,

Onde volvan froitos e flores.

Os corvos esnaquizaron

a miña roupa posta a clarear.

Non teño fío. Non teño outra cousa

para coser

que non sexan as miñas veas.

Polo tren adiante,

Escoitaba panxoliñas

un vintecinco de decembro.

Laiaban ao meu arredor

ás nais separadas dos nenos.

Pero eu tiña no colo, o noso meniño,

nado cun vento:

“ea-ea-ea, para mortos e tolos acabou esta guerra”,

“ea-ea-ea, ea-ea-é para estarmos ledos eu xa me matei”

Espíronnos a todas e cortáronnos o pelo,

Pero non lles dei o noso meniño nado dun vento.

¿Onde irán os fillos mortos

neste mundo que é un inferno?

Os nenos van o ceo. O limbo, que existe,

é o paradiso dos idiotas.

Eu son idiota. Por iso escoitaba panxoliñas

aquel vintecinco de decembro.

Non teño cabeza. Non teño outra cousa

para pensar

que non sexa este vulto que me pende

do pescozo.

Herr Professor Mengele, en Aninovo,

non parou de apretar os cranios

das xemelgas Vukusic e Fraga.

¡Eu non quería ganso!¡ Eu non quería que me fixesen Peixe!

Aquela carta non estaba ben firmada,

Porque a Viena nunca chegou a Primavera.

“É mellor non dicir nada”- dixo.

Deixei a mina alma cando cheguei a Leibnizstrasse:

vin pasar enfermos, vin inxustizas, vin ata miña propia testa

nunha pica e xente a rir a cachón.

Non teño vergonza. Non teño outra cousa

para me espir que non sexa a verdade;

a que dá medo,

porque a miña roupa lévarona os corvos,

porque non tiven fío para os buracos dos inocentes

porque fun idiota para sobrevivir,

porque non quero ser mártir de máis guerras.

Arrincada do corpo que só é

o da estraña Frau Fraga

apareceu a súa testa

cun colar de agullas

por cada día non vivido no pescozo.

Caeu diante da tiroteada Rathaus,

afogada no fermoso lago Kleiner Kiel,

preto da Deutsche Bank.

O mundo precisa de Ophelias,

Pois déamoslle o mundo o que pide.

Sen mártires, sen virxes mutiladas,

sen víctimas de carne e óso.

Só teño que remexer ben a miña terra,

Amado Djorik,

Bicar a túa boca a deshora, como todo o que fago,

Afundir nas augas do Leteo o meu irmán, Hamlet,

E asasinar os ladróns que viven preto de Dinamarca.

Algo cheira mal preto do Báltico


Mi boca/ besando tus labios incendiados,/ se dispone a beber en tu copa de polen y licor/ Y entre zumos y zumbidos de olas y alas/ libidinosamente libar el néctar/ de la flor de tus mareas....

(Luis Eduardo Aute)

MULLER DE LINGUA BÍFIDA

Queríamos unha cerimonia sinxela,

sen testemuñas nin replicantes.

Tan só O Noso Credo na memoria

E as mans ben collidas.

Dixemos sen preguntas.

Nin unha palabra: estabamos dispostos:

Tiñamos O VERBO e o Sangue,

sería meu.

O reloxio que marcara

as posicións da lúa

caeu o chan:

¡¡¡* * * * * * * * * !!!

Abriuse a noite polo vidro

e fuxiron en anacos

os soles e as estrelas durmintes

durante máis de dous séculos.

(...)

“Lectura dalgún Evanxeo”:

¿Qué quedará das terras polas que andei?

Pedras na Memoria

A lúa tinxiuse de verde

como a cor da miña pel.

Tragara un home de metal

que me fendera a lingua

en

dous,

Antes do que Nun Principio era Todo...


Veo que es la prueba más veraz/ de que todo es mentira. Esos rostros ya no llevan nuestros nombres,/ son dos máscaras perdidas en la noche,/ pero QUEDA LA MÚSICA...

(Luis Eduardo Aute)

A Emilio Fraga Lago, Máximo Fraga Irure, médicos e músicos, Amparo Fraga Irure, profesora de canto e piano, In Memoriam, e ó meu pai, Máximo Fraga García-Armero para quen non tería espacio suficiente xamais.

GAVEAU (Paris)

Nunca gostei dos raquíticos pianos ingleses de parede,

porque eu tiña o meu lugar a carón das pernas do meu pai

trala caixa máxica do Gaveau, no París de Nunca Xamáis.

Souben da lingua dos homes nun mencer demasiado cedo,

mais a miña boca precisaba das sonorosas cordas daquel piano

que noutros séculos tivera dous candeeiros

e non dous buratos tupidos con anacos de madeira

por onde os meus dedos pequenos comezaban a soñar

con Tristesse, Romanza sen Palabras e Soño de Amor.

Quixéronnos estragar:

mancáronnos andazos de caruncho,

mestres de Conservas Oficiais.

Non eramos bonitas.

Pero tiñamos ímpetu.

Non estudabamos ó xeito que compría.

Porque tiñamos espírito.

O Gaveau perdeu unha octava en afinación.

Eu rematara con obras superiores ó meu grao.

Pero as doutoras Guillotin non perdoan:

cortáronme as mans,

por non ser princesa de Sangue Mistol.

Esa noite tinxíronse de azul todas as “Pezas Fáciles Para Piano”

E puiden ver en vellos daguerrotipos a voar como cirros

sobre o sangue dunha Conklin Cushom esfolada no corenta

todas as mans que pasaran polo marfil e o negro castrado.

Vin o mestre Lago a carón do seu amigo Gayarre no Covent Garden.

A súa barba e o reloxio a marcar de seguido as posicións da lúa.

A tía Amparo ría e cantaba un Nadal a súa panxoliña.

O avó acompañaba ó meu pai –un cativo de pernas longas- ó violín.

E papá: “Levanta unha perna pichuleta, levanta unha perna pichulá”,

Pichuleta apoiada á pata do Gaveau, erguía a perna co Eterno Chupete na boca .

Achegueime as escuras, toca e cega, ó ventre do gran París a durmir:

“Busco as miñas mans perdidas na cidade. As mans que me arrincaron o día que decidín que máis nunca as precisaría nun mundo de mutilados. Fervéronme os ollos de tanto fender o sol. Fixen dos meus ouvidos insignia da xordeira, diante dos imbéciles do mundo que latricaban coma profetas farisaicos do mañá, do futuro, da “LIBERDADE”. Deixei que a xenreira de multitudes apodrecidas esnaquizaran os meus ósos e negueime a falar como protesta. Agora sigo na procura do que é meu; busco as miñas mans onde as deixáchedes: nos baldes do lixo. Eu -Raíña das samesugas e Virxe das mazás podres, que xorden dun edén, leprosería cheirenta,- pelexo coas ratas famentas, remexo nos urinarios públicos, nalgún que outro bolso de vella tola taxidermista e, sobre todo, procúraos debaixo das pedras, das que nacen arrepiadas cascudas, formigas e vermes. Eles saben amar a miña carne de mans cortadas, beben das miñas veas coma da auga fresca dun río e, aínda que me esnaquizan por cada trabada, alo menos, dánlle alimento ós seus fillos, irmáns meus tamén na cegueira”

Teño o sangre vermello,

aínda que teño pais,

só Son Filla das Miñas Obras.

Almas –se as tedes-, feitas con anacos de “Galería”,

Renuncio a vosa “ALTA SUCIEDADE” devaluada.

Non serei digna de nada.

Mais devolvédeme o que é meu:

Coñecedes o meu enderezo,

Vivo dentro da caixa dun Gaveau.

Desculpade se non vos abro,

ARRINCÁRONME AS MANS,

Un bo día que hoxe coma sempre

non tiven pase na “Alta Suciedade”.


Recuerdo, bien/ Aquellos “Cuatrocientos Golpes” de Truffaut/ y el travelling con el pequeño desertor,/ Antoine Doinel,/ Playa a través,/ buscando un mar que parecía más un paredón/ [...]/ Pido perdón/ por confundir el cine con la realidad.

(Luis Eduardo Aute)

CATROCENTOS CHANZOS Ó PAREDÓN

A mestura de noites e días

neste calendario en constante fibrilación,

vai deixando testemuño asmático

coas miñas mans pegadas neste vidro cadrado.

Cada día matan pombas e devolven cartas,

engaiolada nas xigantescas costelas

dun tempo a destempo,

feito de fume e anacos de celuloide.

Pido perdón, por bater catrocentas

veces contra a porta da miña cela,

por acoitelar catrocentas veces a Munch

na procura dun “Berro”

que fora para arrepiar ás bestas,

por tecer catrocentos versos velenosos

sen bicos de muller-araña.

Xa sinto a marea viva subir os chanzos;

Antoine Doinel,

Salomé, a túa irmá, pedirá a túa testa.

Xa está o meu cadrado afundindo no mar.

Tapáronme os ollos cun pano de vento,

os pés con aramio e as mans

coas patas coalladas de pombas mortas.

Colle as tesoirasd,

debaixo do gran farallón.

Morrerá, Doinel.

Córtalle a lingua ao crego

que quixo unha “entrada” no cine e

corre ó cadrdo onde afundirmos,

en catrocentos chanzos ó mar.

Non acendamos candeas

nin polo “Honorè” de Balzac,

nin polo de Pessoa,

nin por Novalis, nin por ninguén;

Que as fosforencias dos nosos ósos

arderán con máis forza

-Lume, poder igualador-

cando aquí non esteamos,

e voemos de volta

ao mar dos mortos.

Levemos un franco debaixo da lingua,

por se nos cómpre pagar a viaxe,

ou, se pola contra, nos prestan uns Gauloises polo camiño, Antoine, Mon cher Amie...


N’o xardín unha noite sentada/ Ó refrexo d’o branco luar,/ Unha nena choraba sin trégolas/ os desdés d’un ingrato galan./ Y-a coitada entre queixas decia:/ “Xa n’o mundo non teño ninguén,/ Vou morrer e non ven os meus ollos/ Os olliñis d’o meu doce ben.”

(“Cántiga”, Curros Enríquez)

PAREDE NÚA, MULLER ESPIDA

Unha muller esperta

nun pequeo estudio de aluguer.

Polas recantos John Lennon prega:

“Imagine all the people living life in peace”.

O soño que a seguía de fite en fite

no espacio de cera

eran olladas todas de papel:

“Dúas rapazas se bicaban na rúa Ostring.

A virxe broncínea dos mineiros choraba

entre lama e sangue cuberta cunha lona

para non escoitar os bombardeos

chegados de todo o mundo.

Non só morren os que son dinamiteiros.

Recorte dun periódico falaz:

Irak, neno sen extremidades.

Familia asasinada.

Os fillos da gran bretaña

Daránlle sorriso ortopédico.

Bush, Blair, Aznar unha foto

Para o Nobel do Sangue da cruz gamada.

Postais estúpidas dun mundo inféliz”

A muller non pode espertar

só quere encontrar un beizos

máis alá do póster nº vierundzwanzig.

“You may say I’m a dreamer”

Rachou coas paredes.

Só Lennon, as rapazas e a Virxe da Lama

Pudieron quedar.

E canto máis rachaba,

máis fungos había tra-la máxica cegueira;

máis rachaba,

en máis anacos quedou ¿vestida?

Abriu as fiestras e quixeron voar

os trebellos que emporcaban o seu soño.

Sentouse espida,

mirando as paredes da patria súa –o seu-,

chorou,

ninguén había: nin apertas, nin agarimos.

Saiu núa coma as paredes purificadas

a respirar o ar da que non era a súa terra.

Ergueita coma un mascarón de proa

só dixo o que tiña: o seu nome.


Decir espera es un crimen,/decir mañana es igual que matar,/ ayer de nada nos sirve,/ las cicatrices no ayudan a andar.// Sólo Morir permanece/ como la más inmutable razón,/ Vivir es un clavo ardiente,/ un ejercicio de gozo y dolor.

(Luis Eduardo Aute)

XANELA DE IDA

Cando xa non hai terra baixo os pés,

o ceo ardeu entre chamas

de tanto desexar a Deus,

ata o desexo asasina o máis mínimo pracer.

Tan só queda unha xanela que mira ao mar

onde nun tempo,

neste mesmo lugar,

unha campá avisaba aos nenos con tuberculose

nun sanatorio para irse bañar

onde “Outro” era director,

mais non fendedora de xanelas

con ollos de “xa, Nada”.

¿Qué quedaría de un de nós

se non pudiesemos chorar?

Os ollos caen da cara,

améndoas pesadas e agres,

nun foxo de auga apozada

na procura das bágoas

que o pescozo aforcado

dun pranto con xeito de agullas

sinte crebar dorido a cabeza das “Potestas”.

E non podo chorar.

No meu berce de tempo infindo

unha cóbrega quixo chuchar

o leite dos meus soños de neneza

e, vingativa, deu en devorar

o meu corazón, a miña voz, a miña alma.

Todo sinal de folgos, ¡que nun tempo tiven vida!

Eu sigo sentada fonte a miña xanela

na miña gabia parentética cunha Nada

e penso neste fogar de peixes esfameados

coas zapatillas ás que lle caen o nariz:

Movémonos como autómatas por pulsións vitais –para qué chamarlle “vida”-e, nesa orde, integrámonos coma soldadiños de chumbo nunha caixa onde un neno nos guarda, despois de xogar.

Algúns tratan de cravarnos as baionetas, empúrrannos coas culatas, acaríñannos o cocote coa fortuna do asasino de ruleta. Efectivamente, somos coma peixes que saltan dun a outro acuario. O cristal contennos e mantennos a salvo da REALIDADE.¿Seriamos quen de nos enfrontar a un verdadeiro vivir, con plena consciencia; onde non existisen mecanismos de defensa e a dor fose tan brutal coma nunca a chegaramos a coñecer?

Contéñennos felices na nosa mostraxe de vidro. Algúns son de auga fría e outros de auga quente. Pero todos teñen uns noxentos ollos saltóns indicadores do lixo que xa non lles colle dentro do corpo e séntese despedido das súas propias órbitas. Sé que soño, porque sinto a analxesia dunha vida ansiolítica e automedicada coma nun gran hospital, no que todos estamos febles e nos saudamos, pero sin nos dar de conta das nosas patoloxías. Ás veces, preguntámonos por educación, para que o outro non se sinta aínda más imbécil e tolo ca nós...Pola porta vexo

O Novo Mundo, no que canta unha serea. Unha vez soñei cunha cidade afundida

Pobres inxenuos, Todos imos no mesmo barco.

2 comentarios:

  1. Mediante involuntarios añadidos informáticos el conjunto ha logrado un carácter considerablemente más reactivo e hipnotizante si cabe @___@...entre eso y que no entiendo del todo el gallego, me hallo sumida en una agradable psicodelia mientras desvirgo tu blog...

    ResponderEliminar
  2. Así mismo, y recuperada ya un poco la consciencia y mis capitalismos habituales, solicito amplio merchandising con la leyenda "Im Fraga, au Fraga, to Fraga" POR DOQUIER.

    ResponderEliminar