viernes, 6 de marzo de 2009

NOTAS DISCORDANTES

Algo suena sobre mi habitación; parece el sonido de una guitarra mal templada. La lluvia cae estúpidamente contra los cristales deshaciéndose como una granada partida al sol. Se me ha parado el reloj. Me viene a la mente un poema de Aquilino Iglesia Alvariño "Polos Vellos Poetas que foron". Non lembro ben o comezo, seica dicía algo coma "Houbo un tempo feliz". "Houbo un tempo feliz" resoa na miña memoria coma unha cantiga de berce. Seica tivo que haber un tempo feliz. Mais agora non atopo outra cousa que escuras escumas preto da miña praia. Removo entre as cavichas o derradeiro pito e fico mirando para a miña testa na cunca do café. ¿Quen son? En realidade, outra "Dona delicada". Aínda que o meu cabelo curto e as miñas pegadas de ganso semellen ser de rapaz. ¿Que hai tras esta faciana? Nicotina e cafeína. Falei con Afonso, el cre nas miñas potencialidades, pero eu xa non creo en nada. Só desexo que pase a hora de xantar para ir tomar café e escribir no meu caderno. Cada día cústame máis comer. Non teño fame. A soidade éncheme o estómago.
Pregúntome quen será Carlos. Non sei quen es. Pero estes anacos de min van por ti. Eu non son máis ca unha muller de folerpa a punto de esgotarse nun charco. O tempo convertiuse nunha estraña forma de sentir as ausencias. Collo cada anaco de home e muller e os deixo valorecer nun vaso ata que me lembro deles. Non me fagas caso. Tan só, falo a soas.

1 comentario: